lunes, 30 de junio de 2008

REMATOUSE O CURSO 2008


Con grande pena pola nosa parte, os mestres, decimos adeus a este curso de educación física muxián, en parte tristes, por despedirnos dun grupo de alumnos de sexto curso que marcharon do cole porque fanse maiores e van ao instituto; queriamos decirlles que deixaron unha grande pegada nos nosos corazóns, pola implicación en tódalas actividades propostas e polo seu entusiasmo; e por outro lado estamos moi contentos porque esos nenos teñen que medrar e de seguro que faranse homes e mulleres de proveito , porque aquí connosco demostraron que sí o eran.Como mestra de educación física deste dentro digo que estiven moi a gusto traballando convosco e dame pena non poder seguir facéndoo.

De todas formas espero volver a veros prontiño, mándovos unha apreta moi graaande, e que si queredes estar e contacto conmigo podedes facelo a través do blog cos vosos comentarios, ou ben a través da dirección de correo : steling76@yahoo.es para o que queirades, vale?
Bicasos para os meus muxiáns



viernes, 13 de junio de 2008

REMATAMOS O CAMPIONATO DE VOLEI


Esta semana , que coincide que é a última de clase rematamos o campionato de voleibol que comezamos no terceiro trimestre!!! .A verdade non nos esperabamos tanta expectación nin tantas ganas por parte dos nosos alumnos, eles engánchannos a facer moitas máis cousas das planificadas.

So dicir que non é importante o resultado final do campionato,porque para nós o máis fermoso foi ver a entrega por parte dos nosos nenos en cada partido e en cada xogada, e sobre todo a deportividade co cal estanse levando estos encontros; son formativos para todos.E tamén darlles a noraboa pola mellora en xeral neste deporte.

ADIANTE MUIÑEIROS SEGUIDE ADIANTE!!!

lunes, 19 de mayo de 2008

A NOSA EXPERIENCIA CO BALONMAN

Neste terceiro trimestre entre as diferentes actividades propostas puxémonos como obxectivos o coñecemento a nivel teórico e práctico do balonmán, bueno polo menos comenzar a toma de contacto con este deporte de equipo, que nun principio só habían visto na televisión a maior parte dos nosos nenos.
Comezamos poñéndolles un vídeo que tiñamos de introducción ao balonmán , onde aparecen xogos de iniciación, de agarre do balón, de ocupación dos espacios, da adaptación aos 3 pasos , pases e recepcións...
E tamén estivemos vendo algún vídeo de balonmán infantil na seguintes direccións:
entre outros para que os nosos nenos tiveran unha visión xeral do que tiñamos pensado facer, bueno dentro das nosas capacidades, claro está.
E a verdade estamos descubrindo que estanse enganchando ás "pachangas" de balonmán e estalles gustando realmente todo o que ten que ver con este deporte.
Ao principio atopamos problemas con referencia ao agarre do balón...(ufff as mans dos nosos nenos son pequeniñas e non daban agarrado), pero bueno adaptando e collendo uns balón máis pequeniños e facéndolles entender que os dedos facían presión para que non se escapara, foron colléndolle o truco; da mesma forma que nos inicios todos os xogadores ían detrás do balón, sen distribuirse no espacio de xogo, ocupando distintos espacios,e intentando "desmarcarse", pero co paso dos días e a raíz de diversas propostas de xogos e dos propios erros cometidos, foron dándose conta da importancia da distribución do xogo, ocupación de espacios baleiros, e a desmarcarse dos contrarios pois atoparon que este xogo resultaba divertido.
Ainda que adaptamos algunhas normas de xogo ás súas capacidades e co fin de poder xogar o maior número de nenos e nenas algunhas das nosas normas foron:

-tres pasos como máximo, sen botar ou pasar o balón, logo teñen que facer unha das dúas cousas.
-seis pases como mínimo entre os xogadores do mesmo equipo para poder lanzar a portería contraria.
-non pisar a área do porteiro.
-todos os xogadores teñen que pasar pola área da portería, para fecer de porteiros.
-o porteiro fai como outro xogador máis, porque tamén poden pasarlle o balón, pero non pode saí da portería,entre outras pequenas modificacións:



E mirade algunhas das cousas que fixemos:


Bueno, que vos parece? Gustarianos saber que pensades, o que vos parece máis fácil ou máis difícil ou todos aqueles aspectos que querades comentar

lunes, 28 de abril de 2008

CAMPIONATO DE VOLEIBOL NOS MUÍÑOS










Para concluir a unidade didáctica de voleibol dada no segundo trimestre, os profesores de Educación Fisica decidimos por en marcha un campionato de voleibol para os cursos cuarto, quinto e sexto.

Deu comezo fai dúas semanas e xa imos comprobando a emoción que lles da participar nestes encontros cos compañeiros; chega a tal a ansia por xogar, que a maior parte dos nenos, pídennos si nos recreos lles deixamos xogar para practicar, e levan a conta de cando e co quen xogan, os tanteos, etc. Nos nese sentido queremos facelos autónomos e hai un árbitro, a maiores dos profes que controlemos o xogo, que controla mediante unha acta as puntuacións, os capitáns, as incidencias, etc..



Estamos contentos coa participación obtida e a ilusión dos nenos por participar desta forma.






domingo, 13 de abril de 2008

PROBAMOS O VOLEIBOL SENTADO



Houbo un día da semana pasada que decidimos facer un cambio de programación debido a que saiu como tema de conversación o voleibol sentado, e decidimos ver uns vídeos a través do youtube onde aparecían equipos que competían ou entrenaban a voleibol sentado, e decidimos poñelo a proba no noso ximnasio. Ao principio costáballes bastante manter as pernas quietas e sin movelas a penas,pero cremos que foi un bó reto para eles e realmente dábanse conta do difícil que era intentar recepcionar, sacar ou pasar de dedos o balón cando a penas podían moverse do sitio; foi unah experiencia positiva e comentaban ao rematar a sesión a posibilidade de volver a repetilo noutras sesións.


Algunhas das direccións onde vimos os vídeos do volei sentado a través do youtube son:












Os nosos nenos de sexto intentaron facelo, mirade:






















sábado, 12 de abril de 2008

CAMBIO DE IMPLEMENTO





Debido as condicións atmosféricas da semana pasada (chuvia e vento...),e dado que estabamos impartindo unha unidade didáctica de deportes de raqueta e coma no noso ximnasio debido ao baixo teito e as columnas non podiamos estar traballando o bádminton optamos por cambiar este implemento,a pluma, por globos debido a que así non tropezarían co teito ao ser golpeados coas raquetas.
A verdade é que puidemos traballar de forma global os xestos máis importantes sobre o bádminton cos globos e éstos contribuiron a maior motivación dos nenos debido ao uso dos globos nas nosas sesións; e si non botade un ollo...










lunes, 7 de abril de 2008

MAIS FOTOS E VIDEOS SOBRE DEPORTES DE RAQUETA





Podemos ver as imaxes dos alumnos de sexto nalgunhas das clases de bádminton feitas estos días









TENIS E BÁDMINTON


Seguimos coa unidade didáctica "xogamos coma nadal" e ademais de seguir traballando o tenis cos seus golpes básicos:dereita ou drive, revés, saque,etc estamos traballando bádminton, aproveitando que nos acompaña estos días unha profesora de prácticas que bótanos unha man coas clases de bádminton.

Pensamos que é moito máis exixente o bádminton que o tenis polas súas características técnicas e contando tamén con que o golpeo do volante dificulta a percepción das traxectorias dos mesmos, e as raquetas teñen o mango máis longo e delgado que as raquetas de tenis, co cual resulta máis complicado facer ben esos golpeos.

Ainda así pensamos que se está facendo un bó traballo por parte dos nosos alumnos como veremos nas fotos expostas.





sábado, 22 de marzo de 2008

Nos presentes vídeo podemos ver como saiu a primeira sesión da unidade didáctica de deportes de raqueta que foi adicada ao tenis . A unidade didáctica "xogamos coma nadal" ten a intención de que os alumnos se familiaricen co agarre da raqueta, posición dos pés e do corpo no momento do golpeo, xestos técnicos básicos (golpe de dereita ,golpe de revé, saque,etc . Consideramos esta sesión coma avaliación inicial para ver de qué punto parten os nosos alumnos nesta unidade didáctica e tomaremos coma referencia os resultados destas primeras sesións para planificar a unidade didáctica tendo en conta as capacidades dos nosos nenos.Pensamos que é un bó punto de partida.

jueves, 20 de marzo de 2008

A TOMA DE CONTACTO CO TENIS







Unha vez comezada a unidade didáctica sobre deportes de raqueta; veremos como foron os inicios co tenis,en canto á dificultade para agarrar a raqueta de tenis, ou pala de madeira,forma de golpeo,adaptación ao bote da pelota...
Ainda nos queda moitos aspectos por aprender, pero xa parece que a posición dentro da pista, en canto a como deben estar colocados os pés, como debemos de facer co corpo para golpear de dereita ou de revés...parece que algunha destas nocións xa nos sonan, no?
Poderiades explicar como debe ser a colocación dos pés para un golpe de dereita? Comprobaremos quen estivo atento nas clases...









domingo, 9 de marzo de 2008

AS COUSAS QUE SABEMOS SOBRE...

Comezamos unha nova unidade didáctica na que veremos algúns deportes de raqueta coma o tenis ,o bádminto e o ping-pong.Alguén podería comentar algúns aspectos que vimos nos vídeos sobre o tenis ou sacar algo da información que buscamos en internet? Podes botarnos unha man e así entre todos imos recordando as cousas máis importantes sobre este deporte.
Animo!

Uso da pizarra dixital para traballar o esquema corporal


A pasada semana levamos aos pequenos de infantil do noso colexio de os Muíños a que coñeceran a pizarra dixital (máxica según eles) e puxemos en práctica xunto co profesor de pedagoxía terapéutica un traballo de recoñecemento do esquema corporal na pizarra, e así ademáis de aprender a usar este aparello das novas tecnoloxías educativas aproveitamos para que os alumnos debuxaran a silueta do corpo humano cos seus compoñentes.É unha forma de comezar este tipo de traballo que continuaremos desenvolvento nas seguintes sesións e de forma máis elaborada.Os pequenos quedaron entusiasmados coa pizarra "máxica" así que aproveitaremos esta situación para repetila e axudar no seu desenvolvemento do esquema corporal.

sábado, 1 de marzo de 2008

¡Nova unidade didáctica!


Rematada a unidade didáctica de minivoleibol cuns resultados satisfactorios,comezamos nova unidade didáctica deste trimestre que leva como nome: "xogamos coma Nadal" e tratará sobre os deportes de raqueta como tenis, bádminton e ping-pong.

Animo rapaces poñédevos as pilas que despegamos xa cos deportes de raqueta!

domingo, 24 de febrero de 2008

Estamos preparados para xogar!!




Os alumnos de sexto curso do Ceip Os Muíños xa levan unhas cantas sesións de minivolei e demostran a súa habilidade con este deporte, que resulta complexo polas súas características técnicas (toque de dedos, golpeo de antebrazos...) e tácticas (rotacións..)pero xa están demostrando que son capaces de facelo e ademáis implicándose e divertíndose co que fan.Eso fai que nós coma profes de educación física estemos satisfeitos polo traballo que están levando a cabo.Posiblemente no terceiro trimestre celebraremos unha pequena competición de minivolei entre os distintos grupos que están levando a cabo esta unidade didáctica.

domingo, 17 de febrero de 2008

MIRADE A NOSA PRACTICA DIARIA




Os alumnos do colexio están aprendendo a xogar ao volei,a súa técnica ( a ver si alguén é capaz de refrescarme a memoria e decirme cómo se chaman os xestos técnicos do mesmo....)a colocación na pista,o seu regramento....


A verdade é que se están implicando nas clases e fora delas tamén porque nalgúns recreos tamén practican o volei.


Unha reflexión persoal dos mestres de educación física é que estamos contentos ao ver a implicación dos alumnos no volei e ver o disfrute do mesmo no tempo de ocio do horario escolar.


Veredes nas fotos algunhas sesións de volei no xinasio


Contádenos qué vos parece...

sábado, 9 de febrero de 2008

CONTINUAMOS CÓ VOLEIBOL






Xa rematadas as distintas conmemoriación dos días pasados e finalizada a tensión previa ao gran momento "piramidal" seguimos coa unidade didáctica coa que xa escomenzáramos: voleibol.



De momento está costando traballo coller os xestos técnicos deste deporte, sabemos que non é doado de practicar, pero sí podemos decir os mestres implicados nesta labor que estamos satisfeitos porque apreciamos moito interés por parte dos alumnos nesta unidade dídáctica; é un deporte divertido e xa dentro de pouco veremos resultados moi positivos con respecto a iste deporte.



O que pedimos desde o departamento de educación física do cole é que colaboredes na medida do posible en participar en todo o proposto para a práctica do volei, así como que nos expliquedes aqueles aspectos que vos resultan máis difíciles de facer nas clases de volei e porqué credes que son difíciles, así intentariamos mellorar o posible.



Agradécense todo tipo de comentarios, así como o que maís ou menos vos gusta do voleibol






domingo, 3 de febrero de 2008

Probas previas ao gran día




Previo poder facer a pirámide definitiva no día da Paz fixemos diversas probas para ver como podíamos darlle forma a esa idea que rondaba na cabeza dos nosos nenos.Como así veremos nas seguintes imaxes.Tamén tuvimos pequeno incidente cun dos membros na nosa pirámide e non puido estar presente na pirámide ese día;darlle a noraboa tamén a este compañeiro xa que foi unha peza importante nesa labor preparativa para o gran día, e fixo de apoio para os seua compañeiros.Aquí están estas imaxes previas ao gran día de estreno.

Pirámide de celebración


Os alumnos do colexio Os Muíños celebramos o día da Paz celebrando algún actos significativos como a lectura de manifestos feitos en grupos dos diferentes grupos,ou o canto con todas as voces unidas da "nosa" canción da Paz.Os alumnos de sexto quixeron poñer o seu granito de area nesta commemoración e como xa remataramos a unidade didáctica de acrosport pareceulles unha boa forma de mostrar a importancia da cooperación dos demais a través da construcción dunha pirámide , xa que a través desta demostraban como era moi importante a unión, coordinación e soportede todo o grupo para poder facela de maneira sólida.Esa foi unha das suas formas de expresar a súa preocupación pola paz e os seus sentimentos de cooperación cos demais, a importancia da comunicación para poder lograr oxectivos, a valoración de todo o grupo como un todo, xa que sin todo isto non houberan feito esa pirámide tan sólida.

¡Noraboa rapaces!

domingo, 27 de enero de 2008

Adiviña quenes son...

Mirade o seguinte enlace:
http://es.youtube.com/watch?v=PEcZhFoIgS0
¿Sabedes de qué persoas se trata? Temos fotos deles postas no ximnasio do noso cole...se non o sabes vai miralo e logo contesta aqui mesmo.
¿Por qué son coñecidos?¿qué deporte fan ?

¿DE QUE SE TRATA?

¿Averiaguachedes xa de que deporte se trata? ¿gústavos?¿Alguén podería explicarme coas suas palabras en qué consiste este deporte?
Vou a dar máis pistas sobre o mesmo...pinchade nesta dirección e veredes máis cousiñas...
http://es.youtube.com/watch?v=d3AdvKRoWWQ&feature=related
¿Para qué serve eso que se ve no video?Atención pódese subir nota por contestar ben ás preguntas...facédeo nos comentarios

miércoles, 23 de enero de 2008



Xa comenzamos unha nova unidade didáctica que vai tratar sobre....
¿qué sabemos sobre este deporte?

viernes, 18 de enero de 2008

¡MIRADE O QUE FIXEMOS OS DE SEXTO!



























Como xa estamos rematando coas habilidades ximnásticas e co acrosport, puxemos fin das seguine forma :

Consiste nun traballo cooperativo feito polos alumnos de sexto do ceip os muíños e que miraremos para poder facelo o dia da Paz no patio do colexio...
A verdade é que a simple vista parece sinxelo,pero si vos fixades ben cumplen unha función básica os compañeiros que están colocados na base son o principal sustento do resto do grupo, sen eles...non se podería levar a cabo a pirámide; así que felicitamos a ese grupo que fixo de base para os demais e que en acrosport chámanse portores e tamén agradecemos aos que subiron enriba que en acrosport denomínanse áxiles.
Con isto damos por finalizada a unidades didáctica de acrosport.

martes, 15 de enero de 2008

CONTINUAN AS PIRAMIDES NOS MUIÑOS







Seguimos traballando os mesmos aspectos cos que estabamos a traballar ¿cales eran?¿quen pode explicarme o que significa
acr_ _ _ _ _ _?

¡CONTINUAMOS COAS PIRAMIDES!




Non estamos en exipto como para ter as pirámides,pero no noso centro os alumnos fan os seua pinitos facendo pirámides que imos chamalas muxiáns,que como veredes costa un pequeno esforzo facelas,porque implica ter os músculos implicados nas figuras que facemos, en tensión durante un tempo determinado e non é tarefa fácil, ¿ou estou equivocada?.¿Cales eran os aspectos máis impotantes para poder facer este tipo de figuras? veremos si lemos ou non a noticio anterior a esta.

FACEMOS AS PRIMEIRAS PIRAMIDES...




Como xa levamos algún tempo traballando habilidades ximnásticas e acrosport os rapaces xa se sinten preparados para facer algunhas pirámides sinxelas como veremos nas seguiintes imáxenes (recordamos a importancia que ten para poder facer estas actividades poder contar cun espacio adecuado e acolchado á práctica deste tipo para evitar lesións e sobre todo as axudas que se reciben por parte dos compañeiros para poder facer estas figuras , xa que sin éstas non se poderían facer a maior parte das figuras; condicións indispensables para a práctica do acrosport: seguridade nas figuras segundo os lugares onde apoiar as partes implicadas do corpo para non facer dano ao compañeiro e por outro lado as axudas dos compañeiros para poder facelas con maior seguridade.

lunes, 14 de enero de 2008

Mais cousiñas de acrosport







¿Foron difíciles de executar estas figuras?¿por qué?

E SEGUIMOS CON ACROSPORT...











Fixemos moitas mais cousas con figuras de acrosport