domingo, 3 de febrero de 2008

Pirámide de celebración


Os alumnos do colexio Os Muíños celebramos o día da Paz celebrando algún actos significativos como a lectura de manifestos feitos en grupos dos diferentes grupos,ou o canto con todas as voces unidas da "nosa" canción da Paz.Os alumnos de sexto quixeron poñer o seu granito de area nesta commemoración e como xa remataramos a unidade didáctica de acrosport pareceulles unha boa forma de mostrar a importancia da cooperación dos demais a través da construcción dunha pirámide , xa que a través desta demostraban como era moi importante a unión, coordinación e soportede todo o grupo para poder facela de maneira sólida.Esa foi unha das suas formas de expresar a súa preocupación pola paz e os seus sentimentos de cooperación cos demais, a importancia da comunicación para poder lograr oxectivos, a valoración de todo o grupo como un todo, xa que sin todo isto non houberan feito esa pirámide tan sólida.

¡Noraboa rapaces!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Bueno e unha idea xenial pero a verdade iso faino calquera

Anónimo dijo...

Pero para facer eso primeiro tivemos que practicar moito así que non pensedes que se fai cos ollos pechados

Anónimo dijo...

Eso Damian que costou moito ,queriache ver eu a ti