Con grande pena pola nosa parte, os mestres, decimos adeus a este curso de educación física muxián, en parte tristes, por despedirnos dun grupo de alumnos de sexto curso que marcharon do cole porque fanse maiores e van ao instituto; queriamos decirlles que deixaron unha grande pegada nos nosos corazóns, pola implicación en tódalas actividades propostas e polo seu entusiasmo; e por outro lado estamos moi contentos porque esos nenos teñen que medrar e de seguro que faranse homes e mulleres de proveito , porque aquí connosco demostraron que sí o eran.Como mestra de educación física deste dentro digo que estiven moi a gusto traballando convosco e dame pena non poder seguir facéndoo.
De todas formas espero volver a veros prontiño, mándovos unha apreta moi graaande, e que si queredes estar e contacto conmigo podedes facelo a través do blog cos vosos comentarios, ou ben a través da dirección de correo : steling76@yahoo.es para o que queirades, vale?
Bicasos para os meus muxiáns
No hay comentarios:
Publicar un comentario