lunes, 30 de junio de 2008

REMATOUSE O CURSO 2008


Con grande pena pola nosa parte, os mestres, decimos adeus a este curso de educación física muxián, en parte tristes, por despedirnos dun grupo de alumnos de sexto curso que marcharon do cole porque fanse maiores e van ao instituto; queriamos decirlles que deixaron unha grande pegada nos nosos corazóns, pola implicación en tódalas actividades propostas e polo seu entusiasmo; e por outro lado estamos moi contentos porque esos nenos teñen que medrar e de seguro que faranse homes e mulleres de proveito , porque aquí connosco demostraron que sí o eran.Como mestra de educación física deste dentro digo que estiven moi a gusto traballando convosco e dame pena non poder seguir facéndoo.

De todas formas espero volver a veros prontiño, mándovos unha apreta moi graaande, e que si queredes estar e contacto conmigo podedes facelo a través do blog cos vosos comentarios, ou ben a través da dirección de correo : steling76@yahoo.es para o que queirades, vale?
Bicasos para os meus muxiáns



viernes, 13 de junio de 2008

REMATAMOS O CAMPIONATO DE VOLEI


Esta semana , que coincide que é a última de clase rematamos o campionato de voleibol que comezamos no terceiro trimestre!!! .A verdade non nos esperabamos tanta expectación nin tantas ganas por parte dos nosos alumnos, eles engánchannos a facer moitas máis cousas das planificadas.

So dicir que non é importante o resultado final do campionato,porque para nós o máis fermoso foi ver a entrega por parte dos nosos nenos en cada partido e en cada xogada, e sobre todo a deportividade co cal estanse levando estos encontros; son formativos para todos.E tamén darlles a noraboa pola mellora en xeral neste deporte.

ADIANTE MUIÑEIROS SEGUIDE ADIANTE!!!