domingo, 9 de marzo de 2008

Uso da pizarra dixital para traballar o esquema corporal


A pasada semana levamos aos pequenos de infantil do noso colexio de os Muíños a que coñeceran a pizarra dixital (máxica según eles) e puxemos en práctica xunto co profesor de pedagoxía terapéutica un traballo de recoñecemento do esquema corporal na pizarra, e así ademáis de aprender a usar este aparello das novas tecnoloxías educativas aproveitamos para que os alumnos debuxaran a silueta do corpo humano cos seus compoñentes.É unha forma de comezar este tipo de traballo que continuaremos desenvolvento nas seguintes sesións e de forma máis elaborada.Os pequenos quedaron entusiasmados coa pizarra "máxica" así que aproveitaremos esta situación para repetila e axudar no seu desenvolvemento do esquema corporal.

No hay comentarios: