sábado, 9 de febrero de 2008

CONTINUAMOS CÓ VOLEIBOL






Xa rematadas as distintas conmemoriación dos días pasados e finalizada a tensión previa ao gran momento "piramidal" seguimos coa unidade didáctica coa que xa escomenzáramos: voleibol.



De momento está costando traballo coller os xestos técnicos deste deporte, sabemos que non é doado de practicar, pero sí podemos decir os mestres implicados nesta labor que estamos satisfeitos porque apreciamos moito interés por parte dos alumnos nesta unidade dídáctica; é un deporte divertido e xa dentro de pouco veremos resultados moi positivos con respecto a iste deporte.



O que pedimos desde o departamento de educación física do cole é que colaboredes na medida do posible en participar en todo o proposto para a práctica do volei, así como que nos expliquedes aqueles aspectos que vos resultan máis difíciles de facer nas clases de volei e porqué credes que son difíciles, así intentariamos mellorar o posible.



Agradécense todo tipo de comentarios, así como o que maís ou menos vos gusta do voleibol






3 comentarios:

Anónimo dijo...

O que mais me gusta do volei e rematar porque cando me pasan remato solo con unha man con forza para avaixo.















e

Anónimo dijo...

O que máis me gusta e recepcionar porque lle tes que dar para arriba para que os outros rematen

Anónimo dijo...

o màis difìcil e facer o toque de dedos porque alguns danlle ca palma.