lunes, 19 de mayo de 2008

A NOSA EXPERIENCIA CO BALONMAN

Neste terceiro trimestre entre as diferentes actividades propostas puxémonos como obxectivos o coñecemento a nivel teórico e práctico do balonmán, bueno polo menos comenzar a toma de contacto con este deporte de equipo, que nun principio só habían visto na televisión a maior parte dos nosos nenos.
Comezamos poñéndolles un vídeo que tiñamos de introducción ao balonmán , onde aparecen xogos de iniciación, de agarre do balón, de ocupación dos espacios, da adaptación aos 3 pasos , pases e recepcións...
E tamén estivemos vendo algún vídeo de balonmán infantil na seguintes direccións:
entre outros para que os nosos nenos tiveran unha visión xeral do que tiñamos pensado facer, bueno dentro das nosas capacidades, claro está.
E a verdade estamos descubrindo que estanse enganchando ás "pachangas" de balonmán e estalles gustando realmente todo o que ten que ver con este deporte.
Ao principio atopamos problemas con referencia ao agarre do balón...(ufff as mans dos nosos nenos son pequeniñas e non daban agarrado), pero bueno adaptando e collendo uns balón máis pequeniños e facéndolles entender que os dedos facían presión para que non se escapara, foron colléndolle o truco; da mesma forma que nos inicios todos os xogadores ían detrás do balón, sen distribuirse no espacio de xogo, ocupando distintos espacios,e intentando "desmarcarse", pero co paso dos días e a raíz de diversas propostas de xogos e dos propios erros cometidos, foron dándose conta da importancia da distribución do xogo, ocupación de espacios baleiros, e a desmarcarse dos contrarios pois atoparon que este xogo resultaba divertido.
Ainda que adaptamos algunhas normas de xogo ás súas capacidades e co fin de poder xogar o maior número de nenos e nenas algunhas das nosas normas foron:

-tres pasos como máximo, sen botar ou pasar o balón, logo teñen que facer unha das dúas cousas.
-seis pases como mínimo entre os xogadores do mesmo equipo para poder lanzar a portería contraria.
-non pisar a área do porteiro.
-todos os xogadores teñen que pasar pola área da portería, para fecer de porteiros.
-o porteiro fai como outro xogador máis, porque tamén poden pasarlle o balón, pero non pode saí da portería,entre outras pequenas modificacións:



E mirade algunhas das cousas que fixemos:


Bueno, que vos parece? Gustarianos saber que pensades, o que vos parece máis fácil ou máis difícil ou todos aqueles aspectos que querades comentar

7 comentarios:

Anónimo dijo...

a min o balonmán gustame mais que o voleibol porque te moves moito mais e para min xogase mais en equipo que no volei,pero eu agora teño que practicar porque non son moi bo e teño que procurar non facer tantas faltas porque se non expulsaranme e despois teño que sentarme no banco,agora creo que vamos a empezar co floorball e deixar o balonmán espero que me guste tanto como me gustaba o balonmán así si que o pasaría moi ben

Anónimo dijo...

O balonman e un deporte moi atletico cubrindo,saltando,pasando...
Ademais e un deporte en equipo que fai que mellore a convivencia e sexamos todos mais amigos
(Ou eso creo eu)

Anónimo dijo...

balonman e un deporte bonito,porque xogase en equipo e aique pasar o balón a todos os teus compañeiros e sobretodo levarse ven con eles e non facer trampas menters xogas,non protestarlle o árbitro,non facer faltas e saludar o rival cando acaba o partido.Normalnente xogase en un lugar cuberto pero tamén se pode xogar na praia e no campo.

Anónimo dijo...

A min gustoume moito o balonman.¡E moi divertido

Anónimo dijo...

Nas nosas clases de educacion fisica estamos facendo balonman,a min gustame moito sempre facemos partidos, entrenamentos.

Anónimo dijo...

Jo profe tantos e tantos deportes xa cansa non seria mellor un descansiño


(o meu nome e lois xa o saberiades non , se non LEDE OS COMENTARIOS

Anónimo dijo...

ola¡¡¡¡¡¡¡¡¡
son lara non sei si este este e o blog
pero firmo igual¡¡¡¡¡¡

kerobos m8 e boto o cole de -¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

un bikasooooo

¡¡crakssss¡