sábado, 22 de marzo de 2008

Nos presentes vídeo podemos ver como saiu a primeira sesión da unidade didáctica de deportes de raqueta que foi adicada ao tenis . A unidade didáctica "xogamos coma nadal" ten a intención de que os alumnos se familiaricen co agarre da raqueta, posición dos pés e do corpo no momento do golpeo, xestos técnicos básicos (golpe de dereita ,golpe de revé, saque,etc . Consideramos esta sesión coma avaliación inicial para ver de qué punto parten os nosos alumnos nesta unidade didáctica e tomaremos coma referencia os resultados destas primeras sesións para planificar a unidade didáctica tendo en conta as capacidades dos nosos nenos.Pensamos que é un bó punto de partida.

jueves, 20 de marzo de 2008

A TOMA DE CONTACTO CO TENIS







Unha vez comezada a unidade didáctica sobre deportes de raqueta; veremos como foron os inicios co tenis,en canto á dificultade para agarrar a raqueta de tenis, ou pala de madeira,forma de golpeo,adaptación ao bote da pelota...
Ainda nos queda moitos aspectos por aprender, pero xa parece que a posición dentro da pista, en canto a como deben estar colocados os pés, como debemos de facer co corpo para golpear de dereita ou de revés...parece que algunha destas nocións xa nos sonan, no?
Poderiades explicar como debe ser a colocación dos pés para un golpe de dereita? Comprobaremos quen estivo atento nas clases...









domingo, 9 de marzo de 2008

AS COUSAS QUE SABEMOS SOBRE...

Comezamos unha nova unidade didáctica na que veremos algúns deportes de raqueta coma o tenis ,o bádminto e o ping-pong.Alguén podería comentar algúns aspectos que vimos nos vídeos sobre o tenis ou sacar algo da información que buscamos en internet? Podes botarnos unha man e así entre todos imos recordando as cousas máis importantes sobre este deporte.
Animo!

Uso da pizarra dixital para traballar o esquema corporal


A pasada semana levamos aos pequenos de infantil do noso colexio de os Muíños a que coñeceran a pizarra dixital (máxica según eles) e puxemos en práctica xunto co profesor de pedagoxía terapéutica un traballo de recoñecemento do esquema corporal na pizarra, e así ademáis de aprender a usar este aparello das novas tecnoloxías educativas aproveitamos para que os alumnos debuxaran a silueta do corpo humano cos seus compoñentes.É unha forma de comezar este tipo de traballo que continuaremos desenvolvento nas seguintes sesións e de forma máis elaborada.Os pequenos quedaron entusiasmados coa pizarra "máxica" así que aproveitaremos esta situación para repetila e axudar no seu desenvolvemento do esquema corporal.

sábado, 1 de marzo de 2008

¡Nova unidade didáctica!


Rematada a unidade didáctica de minivoleibol cuns resultados satisfactorios,comezamos nova unidade didáctica deste trimestre que leva como nome: "xogamos coma Nadal" e tratará sobre os deportes de raqueta como tenis, bádminton e ping-pong.

Animo rapaces poñédevos as pilas que despegamos xa cos deportes de raqueta!