domingo, 24 de febrero de 2008

Estamos preparados para xogar!!




Os alumnos de sexto curso do Ceip Os Muíños xa levan unhas cantas sesións de minivolei e demostran a súa habilidade con este deporte, que resulta complexo polas súas características técnicas (toque de dedos, golpeo de antebrazos...) e tácticas (rotacións..)pero xa están demostrando que son capaces de facelo e ademáis implicándose e divertíndose co que fan.Eso fai que nós coma profes de educación física estemos satisfeitos polo traballo que están levando a cabo.Posiblemente no terceiro trimestre celebraremos unha pequena competición de minivolei entre os distintos grupos que están levando a cabo esta unidade didáctica.

domingo, 17 de febrero de 2008

MIRADE A NOSA PRACTICA DIARIA




Os alumnos do colexio están aprendendo a xogar ao volei,a súa técnica ( a ver si alguén é capaz de refrescarme a memoria e decirme cómo se chaman os xestos técnicos do mesmo....)a colocación na pista,o seu regramento....


A verdade é que se están implicando nas clases e fora delas tamén porque nalgúns recreos tamén practican o volei.


Unha reflexión persoal dos mestres de educación física é que estamos contentos ao ver a implicación dos alumnos no volei e ver o disfrute do mesmo no tempo de ocio do horario escolar.


Veredes nas fotos algunhas sesións de volei no xinasio


Contádenos qué vos parece...

sábado, 9 de febrero de 2008

CONTINUAMOS CÓ VOLEIBOL






Xa rematadas as distintas conmemoriación dos días pasados e finalizada a tensión previa ao gran momento "piramidal" seguimos coa unidade didáctica coa que xa escomenzáramos: voleibol.



De momento está costando traballo coller os xestos técnicos deste deporte, sabemos que non é doado de practicar, pero sí podemos decir os mestres implicados nesta labor que estamos satisfeitos porque apreciamos moito interés por parte dos alumnos nesta unidade dídáctica; é un deporte divertido e xa dentro de pouco veremos resultados moi positivos con respecto a iste deporte.



O que pedimos desde o departamento de educación física do cole é que colaboredes na medida do posible en participar en todo o proposto para a práctica do volei, así como que nos expliquedes aqueles aspectos que vos resultan máis difíciles de facer nas clases de volei e porqué credes que son difíciles, así intentariamos mellorar o posible.



Agradécense todo tipo de comentarios, así como o que maís ou menos vos gusta do voleibol






domingo, 3 de febrero de 2008

Probas previas ao gran día




Previo poder facer a pirámide definitiva no día da Paz fixemos diversas probas para ver como podíamos darlle forma a esa idea que rondaba na cabeza dos nosos nenos.Como así veremos nas seguintes imaxes.Tamén tuvimos pequeno incidente cun dos membros na nosa pirámide e non puido estar presente na pirámide ese día;darlle a noraboa tamén a este compañeiro xa que foi unha peza importante nesa labor preparativa para o gran día, e fixo de apoio para os seua compañeiros.Aquí están estas imaxes previas ao gran día de estreno.

Pirámide de celebración


Os alumnos do colexio Os Muíños celebramos o día da Paz celebrando algún actos significativos como a lectura de manifestos feitos en grupos dos diferentes grupos,ou o canto con todas as voces unidas da "nosa" canción da Paz.Os alumnos de sexto quixeron poñer o seu granito de area nesta commemoración e como xa remataramos a unidade didáctica de acrosport pareceulles unha boa forma de mostrar a importancia da cooperación dos demais a través da construcción dunha pirámide , xa que a través desta demostraban como era moi importante a unión, coordinación e soportede todo o grupo para poder facela de maneira sólida.Esa foi unha das suas formas de expresar a súa preocupación pola paz e os seus sentimentos de cooperación cos demais, a importancia da comunicación para poder lograr oxectivos, a valoración de todo o grupo como un todo, xa que sin todo isto non houberan feito esa pirámide tan sólida.

¡Noraboa rapaces!