DESPOIS DE NON PODERSE CELEBRAR A XORNADA DEPORTIVA PREVISTA PARA HOXE ,MARTES 10 DE FEBREIRO; QUEDA A ACTIVIDADE APLAZADA PARA ESTE VENRES 13 DE FEBREIRO EN HORARIO DE MAÑÁN NO POLIDEPORTIVO DE MUXÍA.
AS ACTIVIDADES QUE REALIZARÁN SERAN AS MESMAS QUE NAS QUE FIXEMOS NA XORNADA DE FISTERRA; É DICIR HABERÁ PARTIDOS DE BRILÉ, BALÓN TORRE E FÚTBOL E ADEMAIS TEREMOS A NOVIDADE DA CELEBRACION DAS PREGUNTAS DE TIPO CULTURAL;ASI QUE REPASADE AS PREGUNTAS.
A ACTIVIDADE SERÁ CONTRA OS ALUMNOS DO CENTRO DE PONTE DO PORTO.
martes, 10 de febrero de 2009
lunes, 30 de junio de 2008
REMATOUSE O CURSO 2008
Con grande pena pola nosa parte, os mestres, decimos adeus a este curso de educación física muxián, en parte tristes, por despedirnos dun grupo de alumnos de sexto curso que marcharon do cole porque fanse maiores e van ao instituto; queriamos decirlles que deixaron unha grande pegada nos nosos corazóns, pola implicación en tódalas actividades propostas e polo seu entusiasmo; e por outro lado estamos moi contentos porque esos nenos teñen que medrar e de seguro que faranse homes e mulleres de proveito , porque aquí connosco demostraron que sí o eran.Como mestra de educación física deste dentro digo que estiven moi a gusto traballando convosco e dame pena non poder seguir facéndoo.
De todas formas espero volver a veros prontiño, mándovos unha apreta moi graaande, e que si queredes estar e contacto conmigo podedes facelo a través do blog cos vosos comentarios, ou ben a través da dirección de correo : steling76@yahoo.es para o que queirades, vale?
Bicasos para os meus muxiáns
viernes, 13 de junio de 2008
REMATAMOS O CAMPIONATO DE VOLEI
Esta semana , que coincide que é a última de clase rematamos o campionato de voleibol que comezamos no terceiro trimestre!!! .A verdade non nos esperabamos tanta expectación nin tantas ganas por parte dos nosos alumnos, eles engánchannos a facer moitas máis cousas das planificadas.
So dicir que non é importante o resultado final do campionato,porque para nós o máis fermoso foi ver a entrega por parte dos nosos nenos en cada partido e en cada xogada, e sobre todo a deportividade co cal estanse levando estos encontros; son formativos para todos.E tamén darlles a noraboa pola mellora en xeral neste deporte.
ADIANTE MUIÑEIROS SEGUIDE ADIANTE!!!
lunes, 19 de mayo de 2008
A NOSA EXPERIENCIA CO BALONMAN
Neste terceiro trimestre entre as diferentes actividades propostas puxémonos como obxectivos o coñecemento a nivel teórico e práctico do balonmán, bueno polo menos comenzar a toma de contacto con este deporte de equipo, que nun principio só habían visto na televisión a maior parte dos nosos nenos.
Comezamos poñéndolles un vídeo que tiñamos de introducción ao balonmán , onde aparecen xogos de iniciación, de agarre do balón, de ocupación dos espacios, da adaptación aos 3 pasos , pases e recepcións...
E tamén estivemos vendo algún vídeo de balonmán infantil na seguintes direccións:
entre outros para que os nosos nenos tiveran unha visión xeral do que tiñamos pensado facer, bueno dentro das nosas capacidades, claro está.
E a verdade estamos descubrindo que estanse enganchando ás "pachangas" de balonmán e estalles gustando realmente todo o que ten que ver con este deporte.
Ao principio atopamos problemas con referencia ao agarre do balón...(ufff as mans dos nosos nenos son pequeniñas e non daban agarrado), pero bueno adaptando e collendo uns balón máis pequeniños e facéndolles entender que os dedos facían presión para que non se escapara, foron colléndolle o truco; da mesma forma que nos inicios todos os xogadores ían detrás do balón, sen distribuirse no espacio de xogo, ocupando distintos espacios,e intentando "desmarcarse", pero co paso dos días e a raíz de diversas propostas de xogos e dos propios erros cometidos, foron dándose conta da importancia da distribución do xogo, ocupación de espacios baleiros, e a desmarcarse dos contrarios pois atoparon que este xogo resultaba divertido.
Ainda que adaptamos algunhas normas de xogo ás súas capacidades e co fin de poder xogar o maior número de nenos e nenas algunhas das nosas normas foron:
-tres pasos como máximo, sen botar ou pasar o balón, logo teñen que facer unha das dúas cousas.
-seis pases como mínimo entre os xogadores do mesmo equipo para poder lanzar a portería contraria.
-non pisar a área do porteiro.
-todos os xogadores teñen que pasar pola área da portería, para fecer de porteiros.
-o porteiro fai como outro xogador máis, porque tamén poden pasarlle o balón, pero non pode saí da portería,entre outras pequenas modificacións:
E mirade algunhas das cousas que fixemos:
Bueno, que vos parece? Gustarianos saber que pensades, o que vos parece máis fácil ou máis difícil ou todos aqueles aspectos que querades comentar
lunes, 28 de abril de 2008
CAMPIONATO DE VOLEIBOL NOS MUÍÑOS
Para concluir a unidade didáctica de voleibol dada no segundo trimestre, os profesores de Educación Fisica decidimos por en marcha un campionato de voleibol para os cursos cuarto, quinto e sexto.
Deu comezo fai dúas semanas e xa imos comprobando a emoción que lles da participar nestes encontros cos compañeiros; chega a tal a ansia por xogar, que a maior parte dos nenos, pídennos si nos recreos lles deixamos xogar para practicar, e levan a conta de cando e co quen xogan, os tanteos, etc. Nos nese sentido queremos facelos autónomos e hai un árbitro, a maiores dos profes que controlemos o xogo, que controla mediante unha acta as puntuacións, os capitáns, as incidencias, etc..
Estamos contentos coa participación obtida e a ilusión dos nenos por participar desta forma.
domingo, 13 de abril de 2008
PROBAMOS O VOLEIBOL SENTADO
Houbo un día da semana pasada que decidimos facer un cambio de programación debido a que saiu como tema de conversación o voleibol sentado, e decidimos ver uns vídeos a través do youtube onde aparecían equipos que competían ou entrenaban a voleibol sentado, e decidimos poñelo a proba no noso ximnasio. Ao principio costáballes bastante manter as pernas quietas e sin movelas a penas,pero cremos que foi un bó reto para eles e realmente dábanse conta do difícil que era intentar recepcionar, sacar ou pasar de dedos o balón cando a penas podían moverse do sitio; foi unah experiencia positiva e comentaban ao rematar a sesión a posibilidade de volver a repetilo noutras sesións.
Algunhas das direccións onde vimos os vídeos do volei sentado a través do youtube son:
Os nosos nenos de sexto intentaron facelo, mirade:
sábado, 12 de abril de 2008
CAMBIO DE IMPLEMENTO
Debido as condicións atmosféricas da semana pasada (chuvia e vento...),e dado que estabamos impartindo unha unidade didáctica de deportes de raqueta e coma no noso ximnasio debido ao baixo teito e as columnas non podiamos estar traballando o bádminton optamos por cambiar este implemento,a pluma, por globos debido a que así non tropezarían co teito ao ser golpeados coas raquetas.
A verdade é que puidemos traballar de forma global os xestos máis importantes sobre o bádminton cos globos e éstos contribuiron a maior motivación dos nenos debido ao uso dos globos nas nosas sesións; e si non botade un ollo...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)