Para concluir a unidade didáctica de voleibol dada no segundo trimestre, os profesores de Educación Fisica decidimos por en marcha un campionato de voleibol para os cursos cuarto, quinto e sexto.
Deu comezo fai dúas semanas e xa imos comprobando a emoción que lles da participar nestes encontros cos compañeiros; chega a tal a ansia por xogar, que a maior parte dos nenos, pídennos si nos recreos lles deixamos xogar para practicar, e levan a conta de cando e co quen xogan, os tanteos, etc. Nos nese sentido queremos facelos autónomos e hai un árbitro, a maiores dos profes que controlemos o xogo, que controla mediante unha acta as puntuacións, os capitáns, as incidencias, etc..
Estamos contentos coa participación obtida e a ilusión dos nenos por participar desta forma.